header-photo

Contos de insectos

RAÚL E O ABELLÓN

Un neno chamado Raúl cazou un abellón e levouno á nosa escola. Antes de que tocase para entrar, Raúl ensinounos o abellón . De súpeto, o abellón escapou! Daquela, Raúl, buscou e buscou pero non o encontrou.



O abellón estaba nun agocho debaixo da terra e foi chamar ás formigas. Viñeron todas ao colexio. O abellón díxolle a Raúl:


- Como te atreves a capturarme?


- Podes falar? Non sabía iso!- respondeu Raúl.


- Pois si. Podo falar. Sorprendícheste? Pois non te sorprendas tanto, que traio o exército formiga. Atacadeee!


Así, o abellón apoderouse da clase de terceiro. Mentras todos os compañeiros loitaban contra as formigas, Raúl púxose a comer lambetadas e caéronlle unha poucas ao chan.


O abellón exclamou:


- Alto! Mirade o que hai! Lambetadas!


As formigas colléronas todas e leváronas ao formigueiro. Alí fixeron unha festa e invitaron ao abellón.


Raúl aprendiu que non se deben cazar insectos.


Marco Méndez














A ABELLA ROSIÑA






Esta é a historia dunha abella que lle vou chamar Rosiña.


Rosiña non obedecía moito a súa nai. Era noviña e quería ver mundo.


Un día escapou da colmea e comezou a voar de flor en flor. Todo lle parecía moi bonito e estaba moi leda. Pero de súpeto, apareceu un paxariño que case a come; escapou de milagre. Quería volver para a casa, pero non se acordaba por onde ir.


Rosiña estaba moi triste, case choraba. Menos mal que que apareceu outra abella da colmea veciña que a viu tan perdida que a levou para a casa. Desde ese día non volveu a escapar ela soíña ata que medrou.


Cando foi adulta, Rosiña chegou a ser unha gran fabricadora de mel.


Xavi Parente






O ABELLÓN

Un día, un neno chamado Raúl pillou un abellón e tróuxoo ao noso colexio metido nunha caixa.


O abellón, que pensaba que ía morrer, dixo:


- Raúl, picareite.


- Pero se te libero, non me picarás, verdade?- contestou Raúl.


- A ti non te picarei, pero aos demais si –dixo o abellón.


- Vale, espera. Dixeches que ías picar aos demais?


- Si. Paréceme que me meterei na mochila de Nuria-responde o abellón.


- E ti como sabes o seu nome?-preguntou Raúl.


- Porque mo dixo cando eu estaba dentro da caixiña.


Raúl abriu a caixa e o abellón escapou e metiuse na mochila de Nuria.


Cando Nuria chegou á casa e ía facer os deberes, o abellón intentou picala pero Nuria escapou e foi chamar ao seu pai.


O pai, atrapouno e dixo:


- Nuria, de onde saíu este abellón?


- Non sei. Debiu de ser que, cando Raúl abriu a caixa, o abellón meteuse na miña mochila. Mañá xa llo darei.


Ao día seguinte, Nuria levoulle o bicho a Raúl e explicoulle o que ocorrera.


E así acaba o conto de Raúl e o abellón.


Javi Agrelo

'A auga máxica', un conto ilustrado polos nenos e nenas de primeiro

Os nenos e nenas de primeiro de primaria ilustraron un conto: 'A auga máxica'. A cada un tocoulle unha pequena frase que representaron nun papel con debuxos. Despois escaneámolas todas e fixemos unha presentación que lemos na aula e que tamén lle ensinamos ós seus compañeiros de segundo de primaria. Velaquí a tedes:

CONTIÑOS DOS NENOS


O NENO BO



Érase unha vez un neno que encontrou unha ratiña que non tiña comida. O neno deulle queixo e a ratiña comeuno.

O neno fíxolle unha casa de cartón. Foron amigos. Cada día traíalle queixo e macarróns.

A ratiña foi moi feliz para sempre.

Alejandro C.

CONTIÑOS DOS NENOS

OS RATIÑOS


   Había unha vez tres ratiños que vivían coa súa nai. Un día a nai foi buscar comida e deixou a un de encargado para vixialos. O encargado xogou cos demais ratos ao escondite. Agocháronse tan ben que cando chegou súa nai, aínda o encargado os estaba buscando. A nai foi mirar por eles peron non os encontrou. Daquela decidiu chamar á policía. A policía encontrounos.

Xairo C.